Gustaríame presentarvos un reto,aprender un pouquiño de Lingua de Signos,para poder comunicarnos coas persoas con discapacidade auditiva e axudar na inclusión.
A lingua de signos española (LSE), é unha linguaxe a través de xestos, polos que se comunican as persoas con discapacidade auditiva e/ou con dificultade na fala. Tamén é usada polas persoas sen dominio da linguaxe oral.
PRIMEIRA ACTIVIDADE: Aprendemos o abecedario e a presentarnos en LSE
COMEZAMOS
SEGUNDA ACTIVIDADE. Aprendemos as cores.
TERCEIRA ACTIVIDADE_ Aprendemos os días da semana mediante unha canción adaptada
Nenos e nenas:
A que non imaxinabades o que vos gustaría signar?
É necesaria moita práctica, pero é posible e divertido, verdade?
Que fermoso o día que os nosos fillos teñan un compañeiro/a que use a lingua de signos (LSE) para comunicarse e saiban dicirlles cousas.
a continuación tendes unsCONTOS SIGNADOS pola compañeira Teresa Martínez, do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, para que sigades aprendendo pouco a pouco a LSE, de forma lúdica.
Aprendemos as cores, mediante O conto de “Cocodrilo” en LSE, de Ed. Kalandraka.
Aprendemos os números do 1 ao 5, a través do conto “CINCO” en LSE, de Ed. Kalandraka
Aprendemos signos novos co conto, “Limón” en LSE, de Ed. Kalandra.
Aprendemos signos de froitas, a través do conto, “Froitas” en LSE, de Ed. Kalandraka.
Aprendemos signos de animáis, a través do conto, “Animais” en LSE, de Ed. Kalandraka.
Aprendemos máis signos novos a través do conto “Lúa” e “Zapato” en LSE, de Ed Kalandraka.
Actividade 5. Aprendermos a facer unha receita: Biscoito de dúas cores en LSE.