Bo día familias!! Imos falar da importancia que ten Educar en Positivo, para os vosos fillos e fillas.
Educar con firmeza, cariño,amabilidade e respeto,é unha Disciplina Positiva. Transmitir mensaxes que axuden os nenos e nenas a crecer de forma persoal e a non culpalos por facer algo mal.
Anímaste a educar en positivo?
A Disciplina Positiva,é o autocoñecemento e a actitude do adulto que acompaña os nenos/as, e que pretende dotalos/as deferramentas e habilidades para o seu desenvolvemento persoal, a súa autonomía e a capacitación, coa finalidade de que se convertan en adultos con pensamento crítico, cun bo desenvolvemento das súas funcións executivas e cunha boa intelixencia emocional.
Nos momentos en que nos sentimos desbordados e estamos a punto de perder o control, podemos aplicar estas estratexias:
Recoñecer que levantar a voz, gritar é perder o control, polo que debemos parar, manter a calma e reflexionar.
Detectar os pensamentos que alimentan o enfado, entender, empatizar co neno/a e se require paciencia e cercanía.
Busca distraccións para diminuír a activación da ira. Busca o xeito de canalizar a enerxía nun fin máis produtivo.
Criterios nos que se basa a Educación en Positivo:
É amable e firme ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora).
Axuda aos nenos/as a sentirse importantes (Conexión).
É eficaz a longo prazo.
Ensina valores e habilidades para a vida (Respecto, habilidade para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidade…).
Axuda a que os nenos/as desenvolvan as súas capacidades e sexan conscientes delas.
Como podemos Educar en Positivo?
REEMPLACE O NON POLO “SI”:Dígalle ao neno/a o que pode facer.
Exemplo: Si o viu cortando follas dunha planta, en vez de dicirlle non fagas iso, podes dicirlle, as tesoiras son para cortar papel ou plastilina. Cal queres cortar? É mais probable que o seu fillo/a tome a opción adecuada, cando o axudamos a saber cales son as opcións apropiadas dispoñibles.
OFREZA OPCIÓNS: Cando lle damos o neno/a ou adolescente opcións de que poden facer, que poden poñerse ou a onde poden ir, e máis probable que elixa unha das opcións que lle ofrecemos, xa que lle facemos sentir que ten o control.
PROPONGALLE “CANDO”: Cando nos piden facer algo, en vez de dicirlles non, recoñeza a súa petición e dígalle cando podería facelo. Esta resposta sóalles máis como un si.
Exemplo: Ao finalizar este traballo, ou podemos dicirlles, É unha gran idea!, pero primeiro necesitamos rematar esta tarefa, gustaríache saír despois?
UTILICE UNHA LINGUAXE COMO PRIMEIRO-LOGO: Outra forma de dicirlle cando pode facer algo de maneira positiva, é utilizar unha declaración coñecida como primeiro-despois.
Exemplo: Si quere xogar coa tablet, ver a tele, pero nos queremos que recolla os seu xoguetes, podemos dicirlle: Primeiro recolle os teus xoguetes e despois podes ver a tele ou xogar coa tablet. Rematamos todos de facer esta tarefa e despois teremos 5 minutos máis de xogo.
DARLLE TEMPO PARA PENSAR: as veces séntense frustrados e levantan a voz, cando non respondemos de maneira rápida a súa petición. Cando suceda isto, necesitarán tempo para pensar no que lle dicimos e como van a responder. Si mantén a calma e repite con tranquilidade a petición unha vez mais, observará menos condutas desafiantes.
AXÚDELLE A RECORDAR: Os nenos/as distráense facilmente, pero necesitan entender as súas palabras. A veces precisan que lles axudemos a recordar o que lle pedimos que fagan para poder facelo.
Exemplo: frases como Eu recordo,son útiles en estas situacións. Comunicar a información, en vez de darlle unha orde, proporciónalle a información que necesita para elixir correctamente por si só, sen culpalo o facelo sentir como si fracasara.
Algúns vídeos interesantessobre o tema.... espero que vos gusten e axuden a mellorar a educación en positivo cos vosos pequenos/as.
Decálogo Disciplina Positiva
Si cuidas las palabras, el lenguaje cuidará de ti, Luis Castellanos
Educar en Positivo
Técnicas para educar a niños felices
La mejor forma de cortar las rabietas
Espero que vos guste e axude esta tema para mellorar a educación en positivo cos vosos pequenos/as.
miércoles, 27 de abril de 2022
ACOSO ESCOLAR
Preséntovos a “LOU”, éunha curtametraxe fantástica de Pixar,que foi nominada ós Óscars, seguro que algúns xa o coñecedes. É un bo recurso para traballar cos nosos fillos e fillas,desde a empatía o Acoso Escolar.
Lou aborda ó tema do Bullying, pero desde outra visión. É un monstruo de obxectos perdidos, que observa día a día o acoso escolar que sofren algúns nenos/as no tempo de lecer, no recreo.
Un neno é o causante de todos os sucesos. Nos recreos dedícase a roubar obxectos doutros nenos/as. Pero un día o monstro dos obxectos perdidos, daralle unha lección. Faralle probar a súa propia medicina, pero só para facelo reflexionar e móstranos, que detrás dun neno/a acosador ou agresor tamén existe unha problemática. Lou, móstranos o motivo de por que o neno se converte no “malo”. Co plan de Lou, o neno reflexionará e comprobará que se é unha boa persoa, terá a súa recompensa.
Qué valores traballamos con isto?
A través do corto de LOU, os nenos/as traballan a EMPATÍA (sentir como se sinte outra persoa) é moi importante para evitar o acoso escolar. Ademais traballan A TOLERANCIA, respectando as diferenzas entre as persoas; A COMUNICACIÓN das cousas que lle preocupan ou problemas; e A CONFIANZA coa familia para contalo, algo moi importante para detectar e afrontar os casos de bullying. Todo isto pódese debater e falar en familia, cos fillos e fillas, mentres vemos o curto.
Como podemos traballalo na casa con nenos/as?
Primeiro podemos ver a curtametraxe en familia. A primeira vez que a vemos, podemos preguntarlles sobre que creen que trata o que rematamos de ver.
Despois volvemos a velo cos nosos fillos/as, para extraer conclusións e opinións máis concretas de cada un, e a partir delas establecemos a problemática a traballar e falamos sobre ela.
Exemplo: As veces hai nenos e nenas se senten mal cando no patio ou no parque outros nenos/as lle fan burla, quítanlle os seus xoguetes, comen os seus almorzos….
Preguntácheste algunha vez que lles pasa para que se porten así?
Pode ser que teñan algún problema e no saiban cómo solucionalo?
Como crees que se sinte?
Intentamos anotar nun folio como podemos solucionalo, ideas orixinais para facer fronte á problemática ou casos que podemos detectar relacionados.
Por último poden facer un debuxo dunha situación onde se mostre a Empatía ou Tolerancia.
Espero que vos sirva de axuda para concienciar aos vosos fillos/as sobre este tema, e aportar o noso grao de area para previr, detectar e loitar contra o acoso escolar, pois é un problema de todos