Bienvenid@ al BLOG: ORIENTACION Manuel Vidal Portela. Disfruta del contenido. Gracias por tu visita!

martes, 20 de junio de 2023

 BECAS NEAE CURSO 2023/2024


CÁNDO e CÓMO  solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) 


    • A convocatoria para o curso 2023 /24 publicouse o 26 de abril de 2023 O prazo para solicitala é do 8 de maio ao 20 de setembro de 2023.  

A continuación tes un enlace coas instrucións:

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

martes, 7 de febrero de 2023

 AS FORTALEZAS PERSONAIS



As Fortalezas Pesoais, permiten cultivar a nosa vida interior, para que a felicidade dependa de nos mesmos e non tanto do exterior. É importante ensinarlle aos nenos e nenas a comprender as súas fortalezas persoais internas, pois todos temos dentro de nos a capacidade e ferramentas, para seguir adiante en situacións difíciles.

Debemos desenvolver neles a crenza de que poden facer todo o que se propoñan, mentres sexan metas realistas e non causen danos.

Segundo  Seligman y Peterson existen un total de 24 FORTALEZAS PERSOAIS, que determinaron aqueles rasgos positivos da personalidade, que permiten que consideremos a alguén como unha boa persoa. Desexaban a súa vez, que eses rasgos fosen válidos para todas as persoas, independentemente do seu entorno social e cultural.

Froito diso concretaron unha serie de virtudes e fortalezas persoais, que poden definirse como “estilos moralmente valorables de pensar, sentir e actuar, que contribúen a unha vida en plenitude”.

 

Estas Fortalezas clasifícanse en 6 grupos:

  • SABEDORÍA E COÑECEMENTOAbarca a capacidade de aprender e practicar. As fortalezas son: Creatividade, Curiosidade, Apertura mental, Amor pola aprendizaxe, Perspectiva.
  • CORAXE: Fai referencia a lograr as nosas metas. Son: Valentía, Perseveranza, Integridade, Vitalidade.
  • HUMANIDADE:É a habilidade para empatizar, axudar a quen o necesita e apreciar o que se ten. Axúdanos a relacionarnos cos outros, crear vínculos e desenvolvernos na sociedade de forma adecuada. Son: Amor, Amabilidade, Intelixencia Social.
  • XUSTIZAPermite ter sentido do xuízo, diferenciar o correcto das inxustizas, que nos leva a remedialas, e saber levala en equipo para resolver conflitos de maneira xusta e precisa. Son: Civismo, Equidade, Liderazgo.
  • TEMPLANZA: É o autocontrol preciso para ter unha vida estable e saber cando é suficiente ou cando necesitamos máis. Diferenza as necesidades dos caprichos. Son: Capacidade de perdoar, Humildade, Prudencia, Autocontrol.
  • TRASCENDENCIA: Fala do que buscamos na nosa vida, os propósitos ou metas para ser felices. As fortalezas son: Apreciación pola beleza, Gratitude, Optimismo, Sentido del humor, Espiritualidade.

 Como podemos traballar as Fortalezas en casa? 

  • Dar información sobre diversas áreas do desenvolvemento, para potenciar a curiosidade e ter o desexo de seguir aprendendo.

  • Practicar todo o aprendido que poida ser útil para a vida cotiá. Como xardinería, manualidades, artes…

  • Axudar ós demais no que necesiten, sempre que podamos. Como participar en voluntariados, obras de caridade ou incluído a persoas nos seus círculos sociais.

  • Transmitir que os erros serven para aprender, que non deben avergoñarse nin repetir o mesmo erro. Sen errores non hai aprendizaxe algún.

  • Ensinar intelixencia emocional, aprender a recoñecer emocións pode axudalos a expresarse mellor e entender aos demais.

  • Ten en conta os valores no teu fogar. Un neno/a que sabe escoitar, primeiro foi escoitado. Permite que exista un momento para que os teus fillos/as sexan escoitados e aprendan a escoitar tamén.

  • Utiliza o xogo como medio para aprender. Non so como unha diversión ou distracción. Hai moitos xogos que se utilizan para estimular o coñecemento e as aprendizaxes. Os nenos/as non senten que aprenden e poden transmitir aquilo que aprenderon xogando a outros nenos/as.


O esforzo de desenvolver estas fortalezas persoais nos nosos fillos e fillas, non os librará de sufrir experiencias desagradables, pero proporcionaralles unha personalidade capaz de apreciar o positivo, aprender das diversidades e mirar sempre a vida con optimismo e confianza.

continuación déixovos uns vídeos, espero os sirvan para seguir aprendendo e traballar as fortalezas cos vosos fillos e fillas.


Autoestima en los niños: Fortalezas y Debilidades.

 

Autoestima: ¿Qué creo que piensan los demás de mi?

 

 

Fortaleza emocional: Yo estaría mejor si...

 

 

Cómo fomentar una autoestima saludable en los niños

 

Como ensinar gratitude aos teus fillos e fillas.

Tamén vos deixo uns audiocontos para ver e reflexionar en familia.

Tu rareza es tu fortaleza.

 A los amigos se los acepta como son.