Bienvenid@ al BLOG: ORIENTACION Manuel Vidal Portela. Disfruta del contenido. Gracias por tu visita!

domingo, 29 de noviembre de 2020

Manualidades

 Manualidades Navideñas 


miércoles, 25 de noviembre de 2020

CONMEMORACIÓNS nos centros_ MES  DECEMBRO 

3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade  (diversidade funcional)


Desde o Departamento de Orientación gustaríanos dar visibilidade á importancia da xornada como Días de Ser Capaces.

Desde esta perspectiva debemos, entre todas/os: equipo docente, alumnado e familias, enfocar a ensinanza e aprendizaxe cara unha perspectiva cooperativa e de inclusión.

Fagamos deste un mundo mellor, adaptémonos ás variadas diversidades funcionais e ás súas necesidades, porque:

 

  Diversos somos todas/os e xuntas/os sumamos +


En 1992, a Asamblea das Nacións Unidas fixou o día 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, para fomentar unha maior integración na sociedade das persoas  que presentan algún tipo de limitación física, psíquica ou intelectual,(por iso falamos de diversidade funcional) que lles dificulta as súas actividades cotidianas e os sitúa nunha posición de desigualdade.

En Galicia se celebra co lema BAIXO O MESMO PARAUGAS! En anos anteriores houbo xuntanzas en lugares emblemáticos das distintas capitais e cidades galegas (en Coruña, na Praza de María Pita); e Santiago na Praza do Obradoiro); en Pontevedra na Praza da Ferrería; en Vigo no Porto: e en Lugo e Ourense na Praza Maior.

Este ano, por mor da situación que estamos a vivir, toca celebralo de xeito diferente, así que desde o colexio, ABRIMOS OS NOSOS PARAUGAS POR UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA, POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NA QUE TODOS E TODAS SUMAMOS E PORQUE EDUCAR NA DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS A TODOS NOS!





                           E...se queredes explicar que é a discapacidade ás vosas fillas e fillos fai clic na seguinte ligazón.

https://www.youtube.com/watch?v=KNP6I-TrwvI 

domingo, 15 de noviembre de 2020

Publicación dos criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria no curso 2020/21

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0598-061120-0002_gl.pdf