10 de Decembro Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos"
Os Dereitos Humanos son as "garantías que todas as persoas temos desde o momento en que nacemos, sen importar a raza, o sexo, idioma, relixión, economía, orixe nacional, orixe social, opinión política nin cor".
Temos dereito á vida, á educación, á saúde, á auga, á alimentación, á identidade, á liberdade, á protección, a recibir amor e comprensión e dereito a xogar...entre moitos máis!!!
Cal é a súa función?
Realizarte como persoa.
Ter unha vida digna.
Ter as mesmas oportunidades e trato que as demais persoas.
Fai clic na ligazón se desexas saber máis! Coida que non se vulneren ni os teus dereitos nin os dos demais.
3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade (diversidade funcional)
Desde oDepartamento de Orientacióngustaríanos dar visibilidade á importancia da xornada como Días de Ser Capaces.
Desde esta perspectiva debemos, entre todas/os: equipo docente, alumnado e familias, enfocar a ensinanza e aprendizaxe cara unha perspectiva cooperativa e de inclusión.
Fagamos deste un mundo mellor, adaptémonos ás variadas diversidades funcionais e ás súas necesidades, porque:
Diversos somos todas/os e xuntas/os sumamos +
En 1992, a Asamblea das Nacións Unidas fixou o día 3 de decembro como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, para fomentar unha maior integración na sociedade das persoas que presentan algún tipo de limitación física, psíquica ou intelectual,(por iso falamos de diversidade funcional) que lles dificulta as súas actividades cotidianas e os sitúa nunha posición de desigualdade.
En Galicia se celebra co lema BAIXO O MESMO PARAUGAS! En anos anteriores houbo xuntanzas en lugares emblemáticos das distintas capitais e cidades galegas (en Coruña, na Praza de María Pita); e Santiago na Praza do Obradoiro); en Pontevedra na Praza da Ferrería; en Vigo no Porto: e en Lugo e Ourense na Praza Maior.
Este ano, por mor da situación que estamos a vivir, toca celebralo de xeito diferente, así que desde o colexio, ABRIMOS OS NOSOS PARAUGAS POR UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA, POLA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES NA QUE TODOS E TODAS SUMAMOS E PORQUE EDUCAR NA DIVERSIDADE ENRIQUÉCENOS A TODOS NOS!
E...se queredes explicar que é a discapacidade ás vosas fillas e fillos fai clic na seguinte ligazón.
Gustaríame presentarvos un reto,aprender un pouquiño de Lingua de Signos,para poder comunicarnos coas persoas con discapacidade auditiva e axudar na inclusión.
A lingua de signos española (LSE), é unha linguaxe a través de xestos, polos que se comunican as persoas con discapacidade auditiva e/ou con dificultade na fala. Tamén é usada polas persoas sen dominio da linguaxe oral.
PRIMEIRA ACTIVIDADE: Aprendemos o abecedario e a presentarnos en LSE
COMEZAMOS
SEGUNDA ACTIVIDADE. Aprendemos as cores.
TERCEIRA ACTIVIDADE_ Aprendemos os días da semana mediante unha canción adaptada
Nenos e nenas:
A que non imaxinabades o que vos gustaría signar?
É necesaria moita práctica, pero é posible e divertido, verdade?
Que fermoso o día que os nosos fillos teñan un compañeiro/a que use a lingua de signos (LSE) para comunicarse e saiban dicirlles cousas.
a continuación tendes unsCONTOS SIGNADOS pola compañeira Teresa Martínez, do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, para que sigades aprendendo pouco a pouco a LSE, de forma lúdica.
Aprendemos as cores, mediante O conto de “Cocodrilo” en LSE, de Ed. Kalandraka.
Aprendemos os números do 1 ao 5, a través do conto “CINCO” en LSE, de Ed. Kalandraka
Aprendemos signos novos co conto, “Limón” en LSE, de Ed. Kalandra.
Aprendemos signos de froitas, a través do conto, “Froitas” en LSE, de Ed. Kalandraka.
Aprendemos signos de animáis, a través do conto, “Animais” en LSE, de Ed. Kalandraka.
Aprendemos máis signos novos a través do conto “Lúa” e “Zapato” en LSE, de Ed Kalandraka.
Actividade 5. Aprendermos a facer unha receita: Biscoito de dúas cores en LSE.
canción titulada: Ventaniña da escola.
jueves, 20 de agosto de 2020
BECAS NEAE CURSO 2020/21
Plazo de presentación: hasta el 30 de septiembre de 2020
Para la
tramitación de BECAS de NEAE este curso, paso aquí los siguientes enlaces.
Si surgen
dudas, me preguntáis e intento ayudaros.
El siguiente enlace es de BAIA EDICIÓNS (editorial galega) donde se pueden descargar gratuitamente libros adatados a diferentes edades. El enlace de baia edicións es el siguiente: