Bienvenid@ al BLOG: ORIENTACION Manuel Vidal Portela. Disfruta del contenido. Gracias por tu visita!

lunes, 12 de septiembre de 2022

 EDUCANDO EN POSITIVO




Bo día familias!!  Imos falar da importancia que ten  Educar en Positivopara os vosos fillos e fillas.

Educar con firmeza, cariño, amabilidade e respeto, é unha Disciplina Positiva. Transmitir mensaxes que axuden os nenos e nenas a crecer de forma persoal e a non culpalos por facer algo mal.

Anímaste a educar en positivo?


Disciplina Positiva, é o autocoñecemento e a actitude do adulto que acompaña os nenos/as, e que pretende dotalos/as de ferramentas e habilidades para o seu desenvolvemento persoal, a súa autonomía e a capacitación, coa finalidade de que se convertan en adultos con pensamento crítico, cun bo desenvolvemento das súas funcións executivas e cunha boa intelixencia emocional.

 

Nos momentos en que nos sentimos desbordados e estamos a punto de perder o control, podemos aplicar estas estratexias:

 

  • Recoñecer que levantar a voz, gritar é perder o control, polo que debemos parar, manter a calma e reflexionar.
  • Detectar os pensamentos que alimentan o enfado, entender, empatizar co neno/a e se require paciencia e cercanía.
  • Busca distraccións para diminuír a activación da ira. Busca o xeito de canalizar a enerxía nun fin máis produtivo.


 Criterios nos que se basa a Educación en Positivo:

 

  • É amable e firme ao mesmo tempo (respectuosa e motivadora).
  • Axuda aos nenos/as a sentirse importantes (Conexión).
  • É eficaz a longo prazo.
  • Ensina valores e habilidades para a vida (Respecto, habilidade para resolver problemas, participación, colaboración, responsabilidade…).
  • Axuda a que os nenos/as desenvolvan as súas capacidades e sexan conscientes delas.


Como podemos Educar en Positivo?

 

REEMPLACE O NON POLO “SI”: Dígalle ao neno/a o que pode facer.
 Exemplo: Si o viu cortando follas dunha planta, en vez de dicirlle non fagas iso, podes dicirlle, as tesoiras son para cortar papel ou plastilina. Cal queres cortar? É mais probable que o seu fillo/a tome a opción adecuada, cando o axudamos a saber cales son as opcións apropiadas dispoñibles.

OFREZA OPCIÓNS: Cando lle damos o neno/a ou adolescente opcións de que poden facer, que poden poñerse ou a onde poden ir, e máis probable que elixa unha das opcións que lle ofrecemos, xa que lle facemos sentir que ten o control.

PROPONGALLE “CANDO”: Cando nos piden facer algo, en vez de dicirlles non, recoñeza a súa petición e dígalle cando podería facelo. Esta resposta sóalles máis como un si. 
Exemplo: Ao finalizar este traballo, ou podemos dicirlles, É unha gran idea!, pero primeiro necesitamos rematar esta tarefa, gustaríache saír despois?

UTILICE UNHA LINGUAXE COMO PRIMEIRO-LOGO: Outra forma de dicirlle cando pode facer algo de maneira positiva, é utilizar unha declaración coñecida como primeiro-despois. 
Exemplo: Si quere xogar coa tablet, ver a tele,  pero nos queremos que recolla os seu xoguetes, podemos dicirlle: Primeiro recolle os teus xoguetes e despois podes ver a tele ou xogar coa tablet. Rematamos todos de facer esta tarefa e despois teremos 5 minutos máis de xogo.

DARLLE TEMPO PARA PENSAR: as veces séntense frustrados e levantan a voz, cando non respondemos de maneira rápida a súa petición. Cando suceda isto, necesitarán tempo para pensar no que lle dicimos e como van a responder. Si mantén a  calma e repite con tranquilidade a petición unha vez mais, observará menos condutas desafiantes.

AXÚDELLE A RECORDAR: Os nenos/as distráense facilmente, pero necesitan entender as súas palabras. A veces precisan que lles axudemos a recordar o que lle pedimos que fagan para poder facelo. 
Exemplo: frases como Eu recordo,son útiles en estas situacións. Comunicar a información, en vez de darlle unha orde, proporciónalle a información que necesita para elixir correctamente por si só, sen culpalo o facelo sentir como si fracasara.

 

  Algúns vídeos interesantes sobre o tema.... espero que vos gusten e axuden a mellorar a educación en positivo cos vosos pequenos/as.


Decálogo Disciplina Positiva

 

Si cuidas las palabras, el lenguaje cuidará de ti, Luis Castellanos

 

Educar en Positivo

 

Técnicas para educar a niños felices

 

La mejor forma de cortar las rabietas


Espero que vos guste e axude esta tema para mellorar a educación en positivo cos vosos pequenos/as.