Bienvenid@ al BLOG: ORIENTACION Manuel Vidal Portela. Disfruta del contenido. Gracias por tu visita!

miércoles, 27 de abril de 2022

ACOSO ESCOLAR


Preséntovos a “LOU”, é unha curtametraxe fantástica de Pixar, que foi nominada ós Óscars, seguro que algúns xa o coñecedes. É un bo recurso para traballar cos nosos fillos e fillas, desde a empatía o Acoso Escolar. 



Lou aborda ó tema do Bullying, pero desde outra visión. É un monstruo de obxectos perdidos, que observa día a día o acoso escolar que sofren algúns nenos/as no tempo de lecer, no recreo.

Un neno é o causante de todos os sucesos. Nos recreos dedícase a roubar obxectos doutros nenos/as. Pero un día o monstro dos obxectos perdidos, daralle unha lección. Faralle probar a súa propia medicina, pero só para facelo reflexionar e móstranos, que detrás dun neno/a acosador ou agresor tamén existe unha problemática. Lou, móstranos o motivo de por que o neno se converte no “malo”. Co plan de Lou, o neno reflexionará e comprobará que se é unha boa persoa, terá a súa recompensa.

 

Qué valores traballamos con isto?

A través do corto de LOU, os nenos/as traballan a EMPATÍA (sentir como se sinte outra persoa) é moi importante para evitar o acoso escolar. Ademais traballan A TOLERANCIA, respectando as diferenzas entre as persoas; A COMUNICACIÓN das cousas que lle preocupan ou problemas; e A CONFIANZA coa familia para contalo, algo moi importante para detectar e afrontar os casos de bullying. Todo isto pódese debater e falar en familia, cos fillos e fillas, mentres vemos o curto.

Como podemos traballalo na casa con nenos/as?

  • Primeiro podemos ver a curtametraxe en familia. A primeira vez que a vemos, podemos preguntarlles sobre que creen que trata o que rematamos de ver.

  • Despois volvemos a velo cos nosos fillos/as, para extraer conclusións e opinións máis concretas de cada un, e a partir delas establecemos a problemática a traballar e falamos sobre ela.

Exemplo: As veces hai nenos e nenas se senten mal cando no patio ou no parque outros nenos/as lle fan burla, quítanlle os seus xoguetes, comen os seus almorzos….

  • Preguntácheste algunha vez que lles pasa para que se porten así?

  • Pode ser que teñan algún problema e no saiban cómo solucionalo?

  • Como crees que se sinte?

Intentamos anotar nun folio como podemos solucionalo, ideas orixinais para facer fronte á problemática ou casos que podemos detectar relacionados.

Por último poden facer un debuxo dunha situación onde se mostre a Empatía ou Tolerancia.

Espero que vos sirva de axuda para concienciar aos vosos fillos/as sobre este tema, e aportar o noso grao de area para previr, detectar e loitar contra o acoso escolar, pois é un problema de todos